O comercio local de Gondomar novamente desprezado polo goberno local: don Paco Ferreira apoia as grandes superficies de Porto do Molle en Nigrán

Levamos tempo alertando da estratexia do Sr. Ferreira a respecto do comercio local de Gondomar. Agora, por fin, acaba de sacar a carauta apoiando sen complexos a instalación das grandes superficies transnacionais no polígono de Porto do Molle en Nigrán. Iso explica o modelo que ás agachadas vén implantando Paco Ferreira en Gondomar, acelerado despois […]

Le mais O comercio local de Gondomar novamente desprezado polo goberno local: don Paco Ferreira apoia as grandes superficies de Porto do Molle en Nigrán
Decembro 2, 2021

Etiquetas: , ,

A lentitude nas obras da rúa Manuel Alonso afecta ao comercio local na zona

O Goberno Municipal, co Alcalde, don Paco Ferreira, e a Concelleira de Comercio, dona Rocío Deolinda Goberna, non están a facer o seguimento das obras, que estiveron paralizadas durante varios días. Dende Manifesto Miñor vimos de poñer en coñecemento do Alcalde e do Goberno Municipal -que se cadra aínda non se decataron pois andan en […]

Le mais A lentitude nas obras da rúa Manuel Alonso afecta ao comercio local na zona
Outubro 19, 2021

Etiquetas: , ,

O GES do Val Miñor estará pechado esta fin de semana por falta de persoal

Cando Don Paco Ferreira deixaba fóra do Pleno da Mancomunidade a Manifesto Miñor, sabía moi ben o que facía: estaba eliminado do organismo máis importante da Comarca ás persoas que apostamos por encher de contido a Mancomunidade e, de paso, erradicando tamén todo tipo de crítica e, por suposto, de iniciativas nesa dirección. Hoxe mesmo […]

Le mais O GES do Val Miñor estará pechado esta fin de semana por falta de persoal
Outubro 2, 2021

Etiquetas: , , , , ,

O Consello de Contas investigará a xestión económica de Paco Ferreira logo de 10 anos sen orzamentos en Gondomar

Hai un par de semanas, dende Manifesto Miñor puxemos en coñecemento do Consello de Contas a situación do Concello de Gondomar, cuns orzamentos prorrogados dende hai case dez anos, e cuns gastos de máis de 5 millóns de euros con reparos da Intervención municipal. Entendemos que os cartos públicos, que saen basicamente dos impostos de […]

Le mais O Consello de Contas investigará a xestión económica de Paco Ferreira logo de 10 anos sen orzamentos en Gondomar
Setembro 28, 2021

Etiquetas: , ,

O alumnado de infantil da aula de Peitieiros do CRA Antía Cal perde o servizo de comedor

As nenas e os nenos do CRA Antía Cal de Gondomar perderon o servizo de comedor por non ter quen xs cruce ao CEIP Neira Vilas. O Goberno de Gondomar non fixo as xestións oportunas para conseguir que os nenos e as nenas poidan cruzar a carretera de xeito seguro. Agora que o debate está […]

Le mais O alumnado de infantil da aula de Peitieiros do CRA Antía Cal perde o servizo de comedor

O Alcalde de Gondomar mantén intencionadamente a inseguridade na praza de abastos de Gondomar

No vindeiro Pleno de Outubro, o señor Alcalde vai ter que dar resposta, sen reviravoltas e falando claro, aos praceiros e ás praceiras que levan máis dun ano a que se formalice a concesión dos postos da praza de abastos. Dende Manifesto Miñor, non comprendemos que Paco Ferreira manteña en situación de precariedade a praza […]

Le mais O Alcalde de Gondomar mantén intencionadamente a inseguridade na praza de abastos de Gondomar
Setembro 19, 2021

Etiquetas: ,