A Corporación de Gondomar aprobou a delimitación do núcleo rural de Campo Grande

Dándolle seguridade xurídica aos veciños que alí viven
Araúxo destaca que coa aprobación de Campo Grande polo pleno “se estarán resolvendo unha serie de problemáticas derivadas da situación urbanística tan grave que vivimos en Gondomar, dándolle seguridade xurídica aos veciños que alí viven e que viron truncados os seus proxectos de vida coa anulación do PXOM do 1997 no ano 2005”.
Esta delimitación, así como o expediente do mesmo, foron elaborados desde a propia oficina técnica municipal con axuda externa naqueles aspectos técnicos que por falta de medios ou ferramentas idóneas decidiu contratar o Concello.
“Os traballos que foron da man dos técnicos dos diferentes departamentos da Xunta que interviñeron no asunto, e que desde a responsabilidade que me toca valóroos como excelentes, e que agradezo tamén pola implicación e dilixencia dos técnicos municipais á hora de facelos”, afirma Araúxo.