Mocións defendidas por Manifesto Miñor no pleno do 15 de febreiro de 2018

folga feminista

No Pleno da Corporación Municipal de Gondomar, celebrado o pasado xoves, 15 de febreiro, Manifesto Miñor presentou dúas mocións, que foron aprobadas:

Folga feminista do vindeiro 8 de marzo

Moción de apoio á folga feminista do vindeiro 8 de marzo, organizada por colectivos feministas de todo o mundo. Co gallo do Día Internacional das Mulleres, proponse unha folga internacional de mulleres que dea visibilidade ás reivindicacións feministas e reivindicar a igualdade real. É preciso denunciar as desigualdades, discriminacións e violencias estruturais que sofren as mulleres (máis da metade da poboación) e demandar un novo modelo de organización que favoreza a non discriminación.

Apoio á ILP en defensa do monte galego

Moción de apoio á ILP en defensa do monte galego, que están a impulsar diversas asociacións ecoloxistas do país. Dende Manifesto Miñor queremos apoiar esta iniciativa e queremos facer participe a toda a Corporación gondomarense e a toda a veciñanza do concello; o problema do noso monte somentes se resolverá cando a xente do común tome conciencia das políticas de desprotección que está a levar a cabo a Xunta de Galicia. Nós queremos montes autóctonos.

Compartimos aquí o texto das mocións.

Febreiro 20, 2018

Etiquetas: , ,