Manifesto Miñor denuncia o uso de lousas de granito dun grosor inferior ao orzamentado na Praza da Paradela

Na Praza da Paradela hai losetas de ganito de 12 cm, non de 15cm como figura no proxecto e no orzamento aprobado.

Case 20.000€ poderían terse esfumado das arcas municiapais.

A Praza da Paredela, ten unha extensión de 3000m/2. O proxecto de empedrado duro para este recinto, incluía unha sección da pedra de 15cm, grosor innecesario propio das épocas do despilfarro e corrupción. Así estaba presupostado e así existe a intención de ser cobrado.
Pero a realidade non concorda co orzamento. Na verdade, foron colocadas unha boa porcentaxe de metros cadrados con lousas de pedra cun ancho inferior ao figura no proxecto, concretamente 12, cando no proxecto figuran de 15cm.

Nas certificacións de obra, xa recibidas e validadas polo concello tampouco figura esta circunstancia, nin aparece compensación algunha para o erario público por esta falta de volume.

Nos orzamentos que Manifesto Miñor ten solicitado á empresas do sector, constátase unha diferencia de 6€ por m/2 , como mínimo. Por tanto estamos diante dun sobrecuste inxustificado que se achega aos 20.000€.

Non sabemos se existe algunha razón que xustifique esta anomalía, xa que na documentación administrativa oficial non aparece. Desde Manifesto Miñor, solicitamos que se faga unha peritaxe, con catas, para constatar a superficia total na que se empregou perda de 12cm, en lugar dos 15cm presupostados.

Esta praza que podería ser o centro da imaxe dun Gondomar natural e que finalmente quedou nun empredrado duro, que os rigores climáticos do calor do verán e dos fríos dos inverno converterán nun hábitat pouco amable coa cidadanía. Actuación que finalmente deu nunha copia dun desubicado casco histórico urbano. Agora, tampouco cadran as contas da súa construción.

Desde Manifesto Miñor, comprometémonos a facer unha auditoría no próximo mandato municipal de todas as obras encargadas desde a alcaldía neste período, para evaluar se as adxudicacións ás empresas adxudicatarias e os montos gastados, se empregaron como indica a lei da contratación pública. Este dato é especialmente doloroso, cando en moitos lugares de Gondomar non hai saneamento, ou están en condicións insalubres, ou hai carencias básicas nas parroquias.

Gondomar, 23 de marzo de 2019

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

Concelleiro de Manifesto Miñor

Maio 23, 2019