PROGRAMA ELECTORAL (2015)

Indice

  1. Introducción

  2. Democracia, transparencia e participación social

  3. Benestar Social

  4. Ordenación do territorio e infraestructuras

  5. Medioambiente

  6. Economía, emprego e comercio

  7. Cultura, patrimonio e memoria

  8. Língua

  9. Muller

  10. Mocidade

  11. Educación

  12. Deporte

  13. Mobilidade

  14. Cooperación ao desenvolvementeo: Promoción e defensa dos dereitos humanos.

  15. Morgadáns

  16. Mancomunidade do Val Miñor

INTRODUCCION

QUEN VIMOS SENDO E QUE PROPOÑEMOS.

O “Manifesto Miñor” somos unha candidatura de unidade veciñal integrada nun movemento máis amplo asembleario e plural, que abrangue a Comarca natural do Val Miñor. Nacemos como consecuencia da insatisfacción e desconfianza que o actual panorama político nos ofrece. Nacemos dende a base da sociedade e co obxectivo de contribuír á rebelión cívica e democrática, e para poñer as institucións ao servizo da cidadanía: baixo o seu control participado, apoiándose nas ferramentas necesarias para combater a desigualdade e para axudar a construír uns concellos e un País distintos.

Asemade queremos trasladar ao nivel institucional municipal os valores dunha Comarca tamén plural e heteroxénea, de carácter aberto, avanzado, solidario, tolerante e igualitario, en contra do modelo dominante de concellos dirixidos por unha minoría que goberna para se enriquecer e servir aos seus propios intereses.

Son principios básicos do Manifesto Miñor os da xustiza social igualitaria, sustentabilidade, participación cidadá e transparencia, así como a defensa do laicismo, o feminismo e a transmisión do legado e a memoria (idioma e cultura propias de Galiza).
Son fins específicos do Manifesto Miñor:

  1. Empoderamento da cidadanía: fomento da participación da cidadanía nas decisións públicas, rematando coa separación entre gobernantes e gobernadas/os e sometendo a actuación municipal aos principios de control democrático, publicidade e máxima transparencia. Con esa finalidade promoveranse iniciativas de auto-organización cidadá: asociacións de veciñas/os, centros sociais e culturais, formas de ocio e deporte de base ou cooperativas de consumo.

  2. Defensa dos dereitos sociais básicos, garantindo o acceso a unha educación, sanidade, e servizos sociais, públicos, universais, dignos e gratuítos.

  3. Promoción da igualdade e a integración social en todos os ámbitos, como garantía de cohesión social e liberdade.

  4. Economía social ao servizo da xente, guiada polos principios de solidariedade e sustentabilidade.

  5. Política de ordenación territorial e urbanística, ambientalmente sustentábel, ao servizo do interese público xeral, en contra da especulación e os despexos e a favor do dereito a unha vivenda digna.

  6. Defensa dos servizos públicos, evitando a privatización da súa xestión.

  7. Política fiscal progresiva, na que prime o aforro enerxético e o emprego de enerxías renovábeis.

  8. Auditoría e control cidadán das contas públicas. Orzamentos participativos.

En resumo, somos veciños e veciñas que traballa a cotío nas AVV, nas CMM, nos Centros Culturais, nos Clubes Deportivos, nas asociacións de mulleres, ou nas plataformas de defensa de dereito básicos como SOS Sanidade Pública, contra a estafa das Preferentes, ou por sacar adiante as nosas pequenas empresas ou negocios. Somos a xente que traballa día a día SUMANDO POLO BEN COMÚN, e este é o noso PROGRAMA.

2.DEMOCRACIA, TRANSPARENCIA E PARTICIPACION SOCIAL

O MM comprométese a imprimir un carácter máis democrático e participativo á vida municipal, tanto na faceta interna como nas relacións coa cidadanía, usando para isto todas as ferramentas tecnolóxicas das que dispoñamos, e obviamente primando sempre a relación presencial coa veciñanza nas propias parroquias.

A rexeneración democrática virá dáda coa erradicación de prácticas clientelares e caciquís, do desterro do autoritarismo e a prepotencia, e da garantía dun trato igualitario e sen privilexios para todas as persoas. O diálogo e o consenso cos axentes sociais e coas entidades representativas a prol da posta en marcha de iniciativas de interese para o concello, será prioritario para un goberno do MM.

A tolerancia, o respecto polas opinións dos outros, conformarán unha nova maneira de entender as relacións entre os veciños e as veciñas de Gondomar.

2.1.Participación Social

A participación social e veciñal é a base e a razón de ser do MM. Formará parte da nosa acción de goberno, atendendo ás demandas e necesidades da cidadanía e, ao mesmo tempo, para acadar o apoio social necesario para a súa realización. Xa que logo, o MM non limitará a participación social á consulta previa sobre os proxectos municipais, se non que procurará implicar no posible, e dentro do regulamento de participación que se estableza, aos colectivos sociais interesados na súa elaboración e execución. Para iso poránse en marcha as normas e os órganos que garantan o dereito das veciñas e veciños a intervir nos asuntos que sexan do seu interese, individualmente ou a través de entidades representativas.

O noso compromiso pasa por:

  1. Activación do Rexistro Municipal de Asociacións como instrumento para o recoñecemento e verificación da representatividade das entidades sociais que participan no ámbito do Concello, que permitirá designar interlocutores, conceder axudas con criterios obxectivos e, en suma, aplicar unha política non clientelar nin arbitraria.

  2. Creación ou activación de Consellos Municipais (Auga, Montes, Saúde, Ensino, Xuventude, Muller, Comercio, Medio Ambente-Axenda21, etc.) que canalicen as iniciativas dos mesmos.

  3. Aprobación dun Regulamento de Participación Cidadán que estimule e facilite o acceso á información municipal e a presenza dos veciños e veciñas nos órganos municipais, nomeadamente o Pleno.

  4. Afondamento na progresiva participación veciñal na elaboración do orzamento municipal como modelo de xestión pública onde a cidadanía participa de maneira directa e voluntaria na asignación dos recursos económicos municipais e na transparencia no destino do gasto público.

  5. Impulso ao movemento asociativo, apoiando o afortalamento das organizacións sociais e o aumento da súa representatividade, como vía para avanzar nunha acción de goberno realmente transformadora das condicións de vida dos cidadáns e cidadás

2.2.Modernización da administración local

Parello ao avance na rexeneración democrática do concello, cómpre afrontar un proceso de modernización da administración local, que facilite a participación e afortale a transparencia. Asemade, considerando a función que os concellos exercen de xestores de recursos públicos, o MM comprométese a unha continua dación de contas dos resultados da xestión municipal ante a cidadanía e, para iso, a un sometemento da mesma a un proceso de avaliación continua.

Así mesmo, será obxectivo do MM modernizar a administración, para o que pulará por configurar unha administración achegada á cidadanía, dinámica, flexible, accesible e que ofreza servizos de calidade, aproveitando as tecnoloxías da información e comunicación (TIC). A tal fin, o MM defenderá no Concello de Gondomar:

  1. A implantación da e-administración e da tramitación electrónica con vistas a atinxir o obxectivo de “papel cero” na administración local. Está web municipal será un espazo para a cidadanía, de fácil acceso, onde esta poderá participar, crear e informarse dun banco de recursos onde se recollan, entre outras cousas, ligazóns aos diferentes departamentos, materiais didácticos, axenda cultural, transporte ou bolsas.

  2. O estudo da mellora dos Arquivos Municipais (electrónicos e en papel) que garantan o cumprimento das normas de Protección de Datos persoais en vigor así como a súa perfecta conservación.

  3. A paulatina integración de bases de datos municipais e o acceso ás de outras administracións.

  4. Implantación progresiva de software libre e estándares abertos nos sistemas informáticos municipais.

  5. A reorganización interna da administración local baixo os principios de eficacia, eficiencia e austeridade.

  6. A potenciación de programas de formación para funcionarios e contratados laborais do Concello.

  7. A posta a disposición da cidadanía de cartas de servizo nas que se informe dos servizos que se prestan, dos compromisos na prestación, dos trámites básicos de cada procedemento administrativo municipal, así como dos dereitos dos usuarios e veciños en relación con eles.

  8. A simplificación dos sistemas de traballo e dos seus procedementos para facelos áxiles e adecuados á demanda que deben satisfacer.

  9. A inclusión de cláusulas sociais na contratación administrativa de determinados servizos ou obras, dando preferencia a entidades sen ánimo de lucro para favorecer a integración de colectivos desfavorecidos ou que presentan dificultades de integración social.

3.BENESTAR SOCIAL

Os concellos deben ser institucións ao servizo das persoas, polo que as políticas de benestar social deberán estar orientadas a resolver aquelas situación de desigualdade que poidan afectar a veciños e veciñas de Gondomar. No contexto de crise económica actual, que afecta a un bo número de veciños e veciñas, é fundamental aumentar as partidas orzamentarias do concello destinadas a gasto social.

Uns servizos sociais homoxéneos, planificados, coherentes que propicien a igualdade de oportunidades e a prevención só se poden levar a cabo a través da colaboración con outras administracións, coa finalidade de que sexan eficientes e de calidade.

  1. Informarase e asesorarase dun xeito directo e personalizado á cidadanía sobre os dereitos e recursos sociais dispoñibles.

  2. Publicarase na web do concello toda a información sobre os servizos sociais do concello. A Concellería de Benestar Social colaborará de xeito directo e continuo cos movementos veciñais para que a veciñanza estea informada.

  3. Pularase polo achegamento aos cidadáns e ás cidadás, de modo que se contará coas entidades veciñais e sociais existentes co fin de recibir información sobre as necesidades sociais das diferentes parroquias.

  4. Garantirase cobertura universal dun xeito áxil a aquelas persoas que, valoradas como grandes dependentes, teñan entre as súas prestacións a axuda no fogar. Aumentarase a extensión do servizo, asegurando o maior grao posíbel de cobertura a persoas susceptíbeis de melloraren a súa calidade de vida a través do desenvolvemento de prestacións domiciliarias.

    Darase resposta aos problemas concretos de marxinación e exclusión social, aplicando tanto proxectos de traballo social, personalizado ou de grupo, como prestacións económicas propias de emerxencia, para persoas en situación de desvantaxe social: subministro de alimentos e medicamentos, pago de recibos de auga, electricidade, etc., alugueiros, etc.

  5. Promoverase a creación un banco de vivendas de carácter social.

    • Atenderase especificamente ás persoas perceptoras de RISGA e outros colectivos en situación de exclusión para facilitarlles o desenvolvemento de proxectos individualizados de inserción útiles, que lles axuden a acadar formación básica e para o emprego, habilidades e competencias persoais e traballos dignos para melloraren a súa calidade de vida.

    • Artellaranse as fórmulas necesarias para que nas constatacións feitas polo concello se integren aos veciños e ás veciñas en procesos de inclusión social e con discapacidade.

  6. Prestarase atención ao ocio das persoas maiores. Para que sexan activas, organizaranse cursos de memoria, informática, idiomas, coidado do corpo.

  7. Fomentaranse os programas de turismo termal e de coñecemento do país.

    • Identificaranse e atenderanse as necesidades da poboación discapacitada, favorecendo o aproveitamento dos recursos asistenciais, o acceso á información, o movemento asociativo e o apoio familiar.

    • Integraranse aos nenos e nenas con discapacidade en todas as actividades destinadas a infancia: campamentos urbanos, ludotecas, etc.

    • Terase en conta, nas empresas que concorran a equipamentos e servizos de financiamento público, a presenza no seu cadro de persoal dunha porcentaxe de persoas discapacitadas,sempre que sexa posible.

    • Deseñaranse programas de sensibilización social ante todas as situacións de indefensión da infancia: mendicidade, malos tratos ou abusos sexuais.

    • Realizaranse campañas de información e sensibilización social, con participación do movemento asociativo, encamiñadas a mellorar a percepción social das persoas con problemas de adición e manter a solidariedade da sociedade fronte aos problemas causados polas adiccións.

4.ORDENACIÓN DO TERRITORIO E INFRAESTRUTRAS.

Fomentar un aumento sostible da ocupación territorial (medre urbanístico) en equilibrio co territorio e os recursos, cun crecemento dimensionado á realidade poboacional e ás potencialidades dos servizos básicos do municipio, de confortabilidade e de acceso, con atención prioritaria á precaución, cautela e prevención como principio de planificación e ordenación ocupación territorial (urbana e rural). Naturalizar o contorno urbano, facéndoo accesible e amable para a vida en sociedade.

4.1.Realización dun “Informe de sostibilidade urbanística-INSUR”

Que se contemple:

  • O deseño e planificación dun aumento sostible da ocupación territorial ordenada.

  • O estudo da capacidade de carga do territorio, prevista para as próximas décadas.

  • A realización dun Plan de Calidade Ambiental.

  • A elaboración dun Plano Integral de Abastecemento e Saneamento de auga para todo o concello, incorporando as distintas recomendacións para unha “Nova Cultura da Auga”.

  • Realización dun Plano detallado de Infraestruturas, con aplicación de medidas de corrección ambiental e análise da instalación dun carril bici ata A Ramallosa.

4.2.Cumprimento da normativa urbanística

Velar estritamente polo seu cumprimento, aplicando o principio de “tolerancia cero”, acompañado do reforzo e mellora de dotación de servizos públicos aos núcleos rurais (saneamento, electricidade, comunicacións, etc.).

4.3.Seguimento das afeccións en vías públicas

Control de actividades que afecten á mobilidade da cidadanía, así como daquelas que poidan alterar ou afectar aos bens públicos, obrigando ao seu restablecemento.

4.4.Espazos humanizados e naturalizados de encontro e lecer

Recuperar áreas peonís urbanas libres de tránsito e con posibilidades de encontro e relación social. Recuperar áreas de interese ambiental, como ríos e xardíns, creando entornos singulares e diversos.
Establecer áreas verdes naturalizadas de esparcemento, disfrute, encontro, descanso e deporte de baixa intensidade. Estas áreas estarán asociadas aos ríos que atravesan o municipio, como sendas nos ríos Morgadáns e Zamáns e, especialmente, no Miñor, no que se realizará o paseo fluvial ata A Ramallosa.

4.5.Xestión da auga

Garantir o abastecemento de auga potable e a súa calidade. Promover recollida e acumulo de augas pluviais para usos urbanos non domésticos. Tender ao saneamento integral, con separación de pluviais tratamentos de depuración extensivos e promoción da reutilización de auga para outros procesos. Revisar proceso depurativo para unha depuración efectiva, incorporando e mellorando, na medida das posibilidades o tratamento secundario e terciario con métodos biolóxicos avanzados.

Poñer en marcha dos Consellos Municipais de Augas como órganos participativos e consultivos na xestión da auga.

Mellorar entorno fluvial, no seu tramo baixo, para uso e disfrute colectivo e para evitar o impacto das enchentes coa adaptación necesaria das pontes de ribeiras.

4.6.Transporte

Entendemos o transporte como pedra angular para a integración dos concellos na área metropolitana; é por iso que promoveremos o desenvolvemento dun plano metropolitano de transporte público que execute, coordine, xestione e mellore un sistema de transporte eficaz baseado na intermodalidade, no marco da complementariedade e a coordinación dos distintos xeitos de transporte e a incorporación dun billete único no que contemple os transbordos, inclusive entre as distintas modalidades. Neste sistema tamén estará integrado o transporte interparroquial. Non abonda con subvencionar os billetes (cartos fáciles para as empresas), senón temos autobuses con horarios axeitados.

4.7.A Planificación urbanística

A aprobación do PXOM do ano 1.997, con todas as súa eivas, foi un exercicio de responsabilidade política, transparencia e participación ata esas nunca visto en Gondomar. Daquela quedou demostrado que unha decisión tan complexa e que lle afecta a tanta xente e interese diversos, non pode ser cousa de catro entendidos ou dos amigos do goberno de turno, e sobre todo que se se abre á participación, a veciñanza participa.

Neste momento o novo PXOM está exposto ao público por un período de tres meses como avance, froito dunha moción nacionalista aprobada por unanimidade o pasado 3 de marzo, vai quedar para a vindeira Corporación Municipal pola desidia do actual goberno do PP que non quer un documento participado, negando a creación dunha equipa técnica para asesorar á veciñanza así como ir polas parroquias a explicar o PXOM. Dende o MM. promoveremos a inmediata exposición pública do documento (ampliando os prazos se for preciso) , nos termos do aprobado polo Pleno do 3 de marzo, co obxecto de recoller as suxestións da cidadanía ao respecto e poñendo para iso ao seu dispor o asesoramento técnico necesario. Cómpre gañarmos en transparencia e seguridade xurídica.

No MM entendemos que os concellos deben ser a garantía dunha política urbanística concibida como un instrumento ao servizo do interese xeral e público e sometido, na súa aplicación, aos seguintes principios:

  • Prevalencia do interese público sobre os intereses especulativos.

  • Coherencia entre o que se di nas memorias e o deseño de ordenación do territorio.

  • Transparencia e participación.

  • Sustentabilidade.

  • Racionalidade.

  • Equilibrio territorial.

  • Equidade, con reparto equilibrado de cargas e beneficios.

Os obxectivos serán:

  • A ordenación do territorio municipal.

  • A planificación das infraestruturas básicas.

  • A consecución de solo dotacional para equipamentos públicos.

  • A consecución de espazos libres de uso público.

  • A habilitación de solo para vivenda protexida e para usos industriais.

  • A protección e recuperación dos valores ambientais e culturais

5. MEDIO AMBIENTE

Dentro da política medio ambiental do Manifesto Miñor en Gondomar é fundamental o noso compromiso coa protección do contorno onde vivimos que nos permita habitar nun espazo de calidade e a súa posta en valor para o desenvolvemento local. Así mesmo contribuír a diminuir o noso impacto cara ó cambio climático, mellorar a biodiversidade e protexer os nosos espazos naturais.

Por esa razón, asumimos tódolos puntos do “Programa pola Terra. Por uns concellos sustentabeis” elaborado por ADEGA, Amigos da Terra, APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), CEMMA, Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Verdegaia. Podes consultalo aquí.

5.1.Propoñemos como obxetivos :

  • Dentro da xestión municipal aplicar medidas de xestión ambiental de xeito transversal.

  • Auditorías ambientais que nos permitan detectar os focos de contaminación e correxilos: vertidos ,contaminación lumínica, derroche enerxético …

  • Toma de decisions municipais que priorizen o medio ambiente común sobre o beneficio particular.

  • Apostar por medidas que contribuan á diminución do cambio climático.

5.2.Plan de accións para conseguir os obxetivos:

  • Creación do Consello Ambiental Municipal Punto de encontro da cidadanía para facer achegas e defender os dereitos a un medio ambiente saudable.

  • Creación do voluntariado ambiental

  • Grupo de veciños e veciñas que apoien as actividades programadas

  • Educación ambiental

    • Campañas de sensibilización ambiental participadas polos colexios, comunidades de montes, asociacions de veciños, ecoloxistas, apoiando iniciativas da protección do territorio, hortas municipais, feiras da rede galega de sementes.

    • Xornadas de formación ambiental e o desenvolvemento do proxecto ambiental que se leva a cabo no concello.

  • Protección das redes fluviales

    • Posta en marcha do Consello Municipal de Augas como órgano de participación e consulta na xestión da auga.

    • Limpeza programada dos ríos Zamans , Miñor , Morgadans , apoio a Proxecto ríos nas súas actuacions na comarca

    • Baleirado e limpeza das represas de rego , mantemento do caudal ecolóxico do río.

    • Creación dos recantos de custodia fluvial .

    • Fomento dos recursos piscícolas e creación de tramos de pesca sen norte.

  • Protección dos espazos naturais ameazados.

    • Solicitude do cordal Galiñeiro-Aloia como Parque Natural.

    • Protección e recuperación do Pego Negro , Chan do Cereixo.

    • Catálogo de espazos do concello de interese ambiental a protexer.

  • Recuperación de Habitats

    • Plan de prevención de incendios forestais coa colaboración das comunidades de montes e recuperación das zoas afectadas : maquinaria axeitada instalación de tanques de auga, voluntariado de vixilancia medioambiental …

    • Fomentar e apoiar as comunidades de montes na creación de espazos para bosque atlántico e madeiras de calidade.

    • Eliminación de especies invasoras ( herba da Pampa … , Vespa asiática …)

    • Protección dos bosques de ribeira.

  • Divulgación dos espazos naturais

    • Creación da senda verde , Gondomar – Ramallosa a veira do Miñor.

    • Recuperación dos camiños das parroquias.

    • Realización e marcaxe de sendas verdes nas pistas forestais.

    • Balizaxe explicativo das especies de flora e fauna nestas rutas.

    • Programación polo concello de actividades nesta dirección : charlas-coloquio, visitas guiadas…

    • Apoio as asociacions que defenden e realizan prácticas ambientais.

  • Promover a reducción,reutilización e reciclaxe.

    • Realizar campañas de sensibilización nos colexios e nas parroquias.

    • Apoio a planta de compostaxe de biomasa vexetal nos montes en man común.

    • Favorecer a utilización do punto limpio e a programación da recollida e transporte de obxetos de gran volumen ou peso.

  • Saneamento integral de todas as parroquias.

    • Separación de augas pluviais.

    • Control e mellora no sistema de depuración.

    • Reposicionamiento do tanque de tormenta no lugar mais axeitado.

6.ECONOMÍA, EMPREGO E COMERCIO

Gondomar debe articular a súa dinaminación económica ao redor de catro eixos fundamentais. Polígono da Pasaxe , comercio e autónomos, sector agroforestal, xestión municipal.

6.1.A Pasaxe

Atención ao Polígono Industríal da Pasaxe. Pulmón industrial e fornecedor principal dos postos de traballo no concello.

  • Manteremos unha liña de contacto prioritária de comunicación coa asociación de empresários da Pasaxe, para toda colaborar en actividad que redunde na creación de postos de traballos.

  • Contribuiremos en toda proposta que mellore a loxística e urbanización desta área industrial

  • Incentivarase a formación e capacitación dos xovenes nos sectores da producción dominantes no polígono.

  • Traballaremos na procura de actividades para o polígono, na que o empresariado este a fomentar a innovación, a investigación, e a competividade.

  • Crearemos pontes de transferencia de coñecemento entre o tecido industríal da pasaxe e a universidade de Vigo.

6.2.Comercio e autónomos

  • Debemos potenciar o fortacelemento do comercio local, que debe rendibilizar a súas vantaxes comparativas co comercio do val miñor. Prezos, especializacións e calidade diferenciada deben ser difundidas coa colaboración do concello.

  • Manter, potenciar, e programar actividades, feiras, xornadas especializadas que provoquen un efecto reclamo para visitantes das áreas limítrofes.

  • O mundo dos curros de gondomar será un dos eixos para a nosa singularización e como reclamo na procura de vistantes.

  • Colaboraremos nun espacio municipal, que funcione a xeito de viveiro, para que os emprendedores teñan un lugar no que comezar os seus proxectos e dispoñan de lugar de traballo, de reunión e comunicacións.

  • Facilitaremos e axilizaremos toda a tramitación administrativa municipal para que poidan xurdir novos autónomos.

  • Colaboración na edición de guías de actividade económica municipal para a súa difusión exterior.

  • Rexeitamento da lei de comercio da Xunta

  • Facilitar dende o concello a tramitación para a apertura de establecementos comerciais

  • Rexeitamento das grandes superficies

  • Aposta polo comercio de proximidade e tradicional

  • Plans de formación para autónomos e empregados no sector.Venda On-line,novas tecnoloxias,escaparatismo atención ao cliente etc.

  • Poñer en valor formas solidarias no sector,comercio xusto ou moeda social.

  • Conseguir un sello agroecolóxico e gandeiro no que participe o concello de garante.

  • O comercio dinamíza as vilas hai que evitar os baixos baleiros.

6.3.Sector agroforestal

  • Impulso da planta de compostaxe con restos forestais e agrícolas que teñen deseñadas as comunidades de montes do concello, con vocación de comarcal.

  • Apoio a toda iniciativa que preserve os espazos medioambientais máis singulares como a serra do galiñeiro.

  • Protección para aqueles productos agrarios ou forestais que poidan aportar un rasgo diferenciador e que poidan fornecer novas demandas de consumo máis selectiva e saludables. Setas, mel, froitos do bosque, verduras, hortalizas.

  • Productos da horta e do val, formas de cultivo ecolóxica deben ser idenficados, promocionados e vehiculizados para ser comercializados fora ou para atraer a este novo tipo de consumidores.

  • A marca do val, ou da horta, podería ser a marca que dese cobertura aos productores.

  • Potenciar coas comunidades de montes novos productos forestais de crecente demanda, como a fabricación de pellets, ou bridas u manoxos de leñas de gran calorífico para as chemineas domésticas.

6.4.Xestión Municipal

Recuperación para a xestión municipal dos servizos públicos esenciais como o lixo e xestión da auga. Investimento do aforro da xestión municipal, na mellora e modernización destes servizos

6.5.Turismo

Creación dun aparcadoiro de camping para autocaravanas con servizos para as mesmas de caracter público.

7. CULTURA, PATRIMONIO E MEMORIA

O Manifesto Miñor acredita nunha política cultural orientada á posta en valor á cultura de base, as manifestacións culturais tradicionais e o noso patrimonio material e inmaterial así como á promoción das novas producións artísticas e do potencial creativo dos veciños e das veciñas de Gondomar e da circulación cultural e de artistas de outros territorios, comezando principalmente facilitando a mobilidade en Galiza. É preciso garantir mecanismos e espazos de creación (laboratorios artísticos, espazos de autoxestión, residencias criativas, etc) e de exposición e mostra (festivais, encontros, premios etc). O resultado da política cultural ha de ser unha oferta cultural ampla, diversa e accesible á mayoría da veciñanza.

Neste sentido, a colaboración coa Coordinadora de entidades culturais así como con todas aquelas asociación culturais que desenvolvan a súa actividade no concello debe ser permantente, coa finalidade de aproveitar mellor as infraestruturas, orzamentos e activos existentes.

Como primeira medida o Manifesto Miñor establecerá un orzamento de cultura suficiente para elaborar un programa cultural amplo, destinado á vila e ás parroquias e dirixido a todas as idades. De cara ao futuro, revisarase a dotación do departamento de Cultura de acordo cos orzamentos para dotalo do persoal e a infraestrutura necesarios para dar cumprimento a unha planificación cultural ambiciosa e axeitada á nosa vila.

7.1.Infraestruturas

  • Revisar a dotación dos centros culturais e apoiar o seu funcionamento, rendibilizando e modernizando as actuais instalacións.

  • Habilitar novos espazos, como os pazos, para a realización de actividades culturais.

  • Establecer convenios de colaboración con outras institucións ou entidades para utilizar as súas infraestruturas con fins culturais abertos ao conxunto da sociedade así como estabelecer proxectos conxuntos, laboratorios creativos ou de pesquisa e estabelecer con outras entidades e circuitos socio culturais e artísticos.

  • Crear un arquivo videográfico e histórico propio ou mediante convenio cunha entidade cultural. Dentro deste arquivo podería realizarse un programa de recuperación da historia oral.

  • Impulsar a creación dunha Radio Comarcal para os tres concellos do Val Miñor, que deberá usar a lingua galega e cumprir sempre unha función social e de servizo á cidadanía, velando polos criterios de obxectividade e calidade no seu funcionamento.

Dentro deste apartado a Biblioteca será obxecto dun tratamento preferente, polo que se acometerán as seguintes actuacións, de acordo cos recursos cos que conte o Concello:

  • Ampliar o segundo andar.

  • Reestruturar os espazos e eliminar as barreiras arquitectónicas.

  • Catalogar e renovar os fondos

  • Renovación de mobiliario.

  • Dotar dun orzamento propio para a realización de actividades propias da Biblioteca.

  • Crear un posto de bibliotecaria ou bibliotecario.

  • Elaborar un proxecto de fomento da lectura, para o que se dará participación ás entidades e persoas interesadas a través dos canles establecidos para a participación veciñal.

  • Incorporar a Gondomar na Organización Internacional de Vilas do Libro (I.O.B.).

7.2.Dinamización cultural

O Manifesto Miñor entende que a colaboración coas asociación culturais e artísticas do concello debe ser continua; de aí que sexa preciso elaborar un plan de colaboración integrado que recolla as achegas de todos os colectivos que crean cultura ou promoven e organizan actividades lúdicas e culturais en Gondomar.

Se facilitará dende a institución local, a concorrencia nas axudas públicas da Diputación, Autonómicas e Estatais garantindo o apoio na cesión de espazos, consultoría, e articulación de asciciacións e/ou coletivos que podan optimizar os seus esforzos concurrindo baixo fórmulas cooperativas.

  • Festexos populares: recuperar e dignificar o calendario festivo anual (Magosto, Samaín, Nadal, Entroido, San Xoán), a través da elaboración de programacións atractivas, baseadas na nosa tradición e identidade e destinadas a todas as idades.

  • Cultura popular: recuperar, estudar, poner en valor e difundir todas as manifestacións da cultura popular (mantemento da Feira de artesanía, folclore, música…), promovendo a creación de seminarios de estudos municipais ou comarcais, a financiación de traballos de investigación e a súa publicación, a organización de mostras, circuítos intermunicipais, proxectos culturais supramunicipais, festivais, charlas e conferencias para a divulgación da nosa historia e da nosa cultura…

  • Música e danza: apoiar ás entidades tanto de música e danza tradicionais (coros e corais, grupos de gaitas, grupos de pandereteiras…) como de novas manifestacións artísticas, para que poidan desenvolver estas actividades destinándoas a un público máis amplo e favorecendo o mantemento ou creación de grupos locais.

  • Teatro: impulsar o teatro afeccionado e readaptar os espazos municipais para o teatro. Potenciar e consolidar a realización de mostras e circuítos teatrais e da Escola Municipal de Teatro, co obxecto de difundir e fomentar o teatro no noso idioma.

  • Audiovisual: fomentar, promover e apoiar a cultura audiovisual, especialmente a produción audiovisual galega.

  • Lectura: creación dunha rede de Bibliotecas parroquias, coordinadas coa biblioteca municipal e nas que se realicen actividades de promoción á lectura. Celebración dun Salón do libro en que participen os centros educativos como clientes preferentes e nucleado ao redor da biblioteca municipal. Continuaremos e daremos novo pulo ao certame literario dirixido á mocidade: Diego Sarmiento de Acuña.

  • Artes plásticas: reapertura da Escola de cerámica e creación dunha aula de artes plásticas.

  • Aula multimedia: creación dunha aula informática e multimedia.

  • Letras galegas: celebración institucional do día das letras galegas.

  • Historia: crear un museo permanente dedicado á figura de Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar.

7.3.Patrimonio cultural

  • Patrimonio material: Catalogar, estudar, promover e divulgar o patrimonio material histórico-artístico, arqueolóxico e eco-xeográfico, así como das construcións de interese cultural, arqueolóxico e etnográfico (casas, pazos, muíños, hórreos, xacementos, cruceiros…), en colaboración con todas as entidades culturais do concello.

  • Patrimonio inmaterial: recuperar as festas populares, os oficios e saberes tradicionais e a tradición oral para restaurar a memoria histórica da tradición de lendas, contos,… e para contribuír á conservación do noso patrimonio lingüístico e toponímico. Nos traballos topográficos e cartográficos que se fagan ou encarguen dende a administración local teñen que recoller a toponimia e microtoponimia consonte o sistema deseñado pola Comisión de Toponimia e serán remitidos ao SITGA para a súa organización e posta á disposición da sociedade na rede.

  • Activar a oficina de turismo.

  • Elaborar un programa específico de colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos.

  • Recoñecer e valorar os bens de interese cultural:

    • Cumprir a lexislación vixente para os Bens de Interese Cultural e establecemento dun calendario de apertura ao público do Pazo do Conde de Gondomar.

    • Promover a declaración de bens de interese cultural de bens móbeis, inmóbeis e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico, científico ou técnico.

    • Asinar convenios con particulares que teñan bens de interese histórico-artístico e/ou cultural para fomentar o seu uso público, total ou parcial.

    • Instalar institucións e servizos públicos en edificios de valor histórico e cultural.

7.4.Memoria histórica

  • Apoiar a política de exhumación dos asesinados durante a dictadura franquista.

  • Retirar as hornas públicas aos elementos significativos co réxime franquista.

  • Recoñecer e homenaxear a todas as vítimas da represión.

  • Eliminar toda a simboloxía franquista.

  • Fomentar a investigación da historia local, para impulsar o coñecemento da verdade histórica.

  • Recoñecer as corporacións democráticas.

8.LÍNGUA

Na situación actual, cunhas perspectivas de futuro que auguran un retroceso no uso do galego, tamén no mundo rural, a recuperación e promoción dos usos sociais do idioma serán obxectivos preferentes da política lingüística do concello. As administracións locais teñen que contribuir decididamente a aumentar a visibilización do galego naqueles ámbitos nos que ten menos presenza e desenvolver políticas de dignificación do idioma destinadas á recuperación de falantes, especialmente entre os sectores máis novos da sociedade.

O Manifesto Miñor acredita nunha política lingüística transversal, que abranga todas as áreas do concello. Será preciso, xa que logo, o compromiso de todos os cargos políticos e do persoal do concello para desenvolver unha política efectiva a prol do uso da lingua galega.

8.1.Medidas

  1. Creación do Servizo Municipal de Normalización Lingüística e, dotado de medios materiais e humanos, que, entre outras labores, será o dinamizador das campañas, proxectos e actividades que se desenvolvan no concello.

  2. Elaboración dun Plano de Normalización da Lingua Galega, coas seguintes liñas estratéxicas de actuación.

  3. Actuación interna:

    • Cumprir a lexislación vixente sobre o uso do galego nas entidades locais e normalización plena de toda a documentación administrativa, dos servizos municipais, das actividades lúdico-festivas promovidas dende o concello, etc. / Priorizar o uso do galego na administración local.

    • Asesorar en materia lingüística ao persoal do concello e aos cargos institucionais así como velar por un uso correcto da lingua galega, especialmente a documentación escrita de todo o concello.

    • Elaborar unha ordenanza para a galeguización integral da sinalización e rotulación do concello e para a recuperación e protección da toponimia local.

    • Requerir o coñecemento oral e escrito do galego nas oposicións, concursos-oposición e demais probas que se realicen na administración local. Ademais valorarase especialmente o coñecmento da lingua galega a efectos avaliativos.

    • Promover o uso do galego por parte do persoal ao servizo da corporación municipal e de todos os cargos institucionais.

  4. Actuación externa:

    • Realizar campañas a prol do uso do galego dirixidas aos distintos sectores profesionais, ás asociacións que actúan no ámbito municipal e ao conxunto da sociedade.

    • Promover uso o galego entre a infancia e a mocidade, a través da oferta de actividades lúdico-educativas e de campañas coa colaboración dos centros de ensino, asociacións e entidades culturais.

    • Engadir nos pregos de condicións de contratación de obra pública por conta do concello o uso exclusivo do galego en toda a súa cartelería e sinalización exposta ao público.

    • Requerir de todos os medios de comunicación que as informacións derivadas da actividade do concello se transmitan sempre respectando o uso da lingua galega.

    • Visibilizar a lingua galega e salientar o seu valor identitario na difusión de actividades enfocadas ao turismo.

    • Establecer un programa de acollida lingüística para os inmigrantes, como elemento importante de integración social.

    • Utilizar o galego como lingua de uso normal na difusión, publicidade, comunicación e desenvolvemento de todas as actividades lúdicas e culturais que se organicen ou apoien dende o concello.

    • Colaborar con outras administracións para desenvolver accións normalizadoras conxuntas, tanto a nivel comarcal como nacional.

    • Constituír un Consello Social da Lingua no que se impliquen os distintos colectivos, entidades e persoas interesadas no deseño e aplicación da política de normalización da lingua galega.

9.MULLER.

No Manifesto Miñor propoñemos construír outro mundo, onde a explotación,a opresión,a intolerancia e as exclusións non existan máis. Onde a integridade,a diversidade ,os dereitos e as liberdades de todas e todos sexan respeitados. Os nosos eixes de traballo son:

9.1.Igualdade

  • Queremos ser cidadás de pleno dereito.

  • Compartir de xeito equitativo entre homes e mulleres as tarefas domésticas, o coidado de fillos, fillas, familiares enfermos, maiores…

  • Non permitir actos que poñan en perigo a dignidade e integridade física e sicolóxica das mulleres,ainda que sexa xustificada pola relixión, tradición costume ou ideoloxía.

9.2.Liberdade

  • Queremos liberdade de movemento,de elexir o estado civil, de manifestar a nosa orientación sexual,de ter ou non descendencia…

  • Queremos liberdade de pensamento, de conciencia, de expresión de opinión,de participación na vida política, de estudar, de uso da propia lingua…

SOLIDARIEDADE

  • Todos os seres humanos somos interdependentes. Compartimos o deber e a vontade de vivir xuntos de construír unha sociedade xusta e igualitaria, baseada no exercicio dos dereitos humanos, exenta de opresión, de exclusións, de discriminacións, de intolerancia e de violencias.

XUSTIZA

  • Queremos que a integridade física e moral de todas as persoas sexa garantida. Os tratamentos humillantes e degradantes teñen que estar prohibidos.

  • Queremos que as agresións sexuais, a violencia contra as mulleres, o tráfico sexual, o tráfico de seres humanos sexan considerados crimes contra a humanidade.

9.3. Programa

  1. Reorganización e dinamización do Consello Municipal da Muller. Organismo básico para a participación das mulleres das distintas parroquias, asociacións de mulleres, grupos políticos, sindicatos…que diseñará moitas das accións que se leven a cabo.

  2. Creación da Casa da Muller de Gondomar.

  3. Avaliación do 3º Plano de Igualdade do Concello de Gondomar.

  4. Realización do 4º Plano de Igualdade de oportunidades e trato entre homes e mulleres.

  5. Manter a mesa da violencia de xénero co fin de mellorar e coordinar a loita contra a violencia no noso concello.Neste tema é fundamental o traballo coa mocidade,a través das ANPAS e dos institutos.

  6. Fomentar a loita decidida contra a exaltación dos valores machistas. Rexeitamento da violencia na resolución de conflictos fronte a outras formas que utilicen a tolerancia e o consenso.

  7. Realización de cursos para a promoción laboral das mulleres e medidas de fomento de emprego.

  8. Promover a reciclaxe profesional das mulleres paradas de longa duración.

  9. Obradoiros de corresponsabilidade do traballo doméstico para homes Tamén neste tema é moi importante traballar coa xuventude.

  10. Accións formativas dirixidas as familias no seu conxunto sobre comunicación, valores, educación non sexista.

  11. Promover a conciliación no mercado laboral

  12. Promover a travésdas ANPAS e o profesorado , de campañas de xogo non sexista e non violento.

  13. Os estudos e estatísticas que se realicen no concello deben ter en conta a perspectiva de xénero.

  14. Promoveranse programas de saúde elaborados e desenvolvidos desde a perspectiva de xénero, en colaboración co centro de saúde do concello.

  15. Impulsarase a participación da muller na práctica deportiva a todos os niveis, promovendo a igualdade de xénero no deporte, e apoiando tanto a participación da muller no deporte como o deporte feminino, na procura da igualdade entre homes e mulleres e de evitar calquera tipo de discriminación.

  16. Fomentaranse aquelas actividades en que as mulleres sexan suxeitas activas creadoras de cultura.

  17. Promoverase a presencia das mulleres nos espazos públicos:nomes de rúas, prazas, instalacións públicas…

  18. Evitar o sexismo na linguaxe da documentación do Concello.

10.MOCIDADE

Os eixes do proxecto do Manifesto Miñor en materia de política da mocidade fundaméntanse na necesidade de converter o rural nun lugar atractivo para a mocidade e evitar, deste xeito, o despoboamento das parroquias máis ruralizadas.

As políticas para a mocidade deben desenvolverse dende unha área específica de xuventude, que terá a capacidade executiva e de coordenación interdepartamental para garantir a participación social e política da propia mocidade, potenciando a súa autoorganización, Así mesmo, é fundamental poñer en marcha un programa de actuacións sectoriais que abranga todas as áreas de interese para a mocidade.

10.1.Actuación institucional

  • Establecer unha estructura transversal no Concello que abranga todos os ámbitos de actuación en políticas da mocidade: emprego, asociacionismo, educación, cultura, vivenda, servicios sociais, etc.

  • Creara o Consello Municipal da Mocidade para atender ás demandas e inquedanzas do colectivo xuvenil e das súas organizacións, garantindo a interlocución cos distintos axentes que teñan relación coa programación da actividade na área de mocidade.

10.2.Participación Social

  • Crear o Consello Municipal da Mocidade, que terá como obxectivo prioritario o impulso do asociacionismo. Integraranse nel todas as entidades que traballen en temas de mocidade ou que presten servizos á mesma.

  • Elaborarase un censo municipal de asociacións e procederase á elaboración e desenvolvemento dun Plano de promoción do asociacionismo xuvenil que incluirá o asesoramento, e actuará no trámite de formación de colectivos e na xestión e desenvolvemento de actividades.

10.3.Recursos

  • Os orzamentos destinados á política para a mocidade consensuaranse coas entidades e asociacións xuvenís a través dos seus organismos de participación, nomeadamente do Consello Municipal da Mocidade.

  • Estabelecerase unha liña de axudas económicas aos distintos colectivos para que podan realizar as actividades que se propoñan en base a criterios transparentes, obxectivos e democráticos. Consensuaranse as bases polas que se concederán subvencións e axudas ás asociacións.

  • Equipamentos municipais para a mocidade: habilitarase un espazo de encontro para a mocidade, centro promotor do asociacionismo xuvenil, de funcionamento aberto a toda a mocidade con inquedanzas e con horarios flexíbeis. Contará con puntos de información sobre diferentes temas de interese no ámbito xuvenil.

10.4.Actuacións sectoriais

10.4.1. Emprego

  • Elaborar un estudo sobre a situación laboral da mocidade no ámbito municipal, prestando especial atención ás mulleres, ás persoas con discapacidade e aos parados/as mozos/as de longa duración.

  • Estabelecer liñas de información, orientación e promoción de emprego para a mocidade, en colaboración co Servizo Galego de Colocación.

  • Buscar colaboración con asociacións de comerciantes e empresarios para activar unha bolsa de emprego á que poida acceder a mocidade do concello.

  • Colaborar coa Consellería de Traballo na organización de cursos de capacitación profesional, con bolsas de prácticas en empresas e comercios locais e comarcais. Neste tema é fundamental a actuación do CDL (Centro de Desenvolvemento Local)

  • Impulsar novos cursos de formación profesional ocupacional adecuados ás realidades locais e comarcais.

  • Apoiar e tramitar iniciativas empresariais e proxectos que xeren emprego xuvenil.

  • Habilitar canles de información permanentes cos mozos e mozas emigrados noutras zonas do Estado relativas á situación do mercado laboral así como crear as condicións para o regreso a Galicia da mocidade emigrante.

10.4.2. Cultura e lecer

  • Promover actividades que permitan diversificar o lecer e que ademáis permitan coñecer o patrimonio eco-xeográfico e histórico-artístico do país.

  • Apoiar e promover as manifestacións artísticas da xente moza do Concello e crear canles de expresión cultural que faciliten o intercambio de ideas e experiencias e, ao mesmo tempo, sirvan para dar a coñecer as diferentes creacións xuvenís.

  • Facilitar a interrelación entre as entidades municipais (Casas de Cultura, Casas de Mocidade…) e o tecido asociativo existente no concello, de xeito que se establezan convenios de colaboración e que as actividades realizadas desde o concello non interfiran ou compitan coas promovidas polas asociacións xuvenís de base.

  • Promover o uso do galego entre a mocidade, facendo campañas de concienciación dirixidas a este grupo social.

  • Achegar a música, o teatro e o cinema, entre outras manifestacións artísticas, á mocidade mediante o apoio material e económico por parte do concello.

10.4.3. Ensino

  • Potenciar a participación da comunidade social no ámbito escolar, procurando unha maior interrelación entre a escola e a sociedade, incidindo, neste sentido, no protagonismo que debe ter a mocidade.

  • Desenvolver un programa de actividades educativas extraescolares, en colaboración cos centros de ensino do concello.

  • Colaborar cos centros de ensino para que o alumnado coñeza a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) e que servizos se lle poden prestar na devandita oficina.

10.4.4. Vivenda

  • Crear bolsas de alugueiro para facilitar o acceso á vivenda á mocidade, en especial das persoas con menos ingresos ou en situación de desemprego.

  • Facilitar, de xeito racional, o acceso ás vivendas públicas aos mozos e mozas, tendo en conta o escaso nivel adquisitivo deste sector.

  • Crear un departamento municipal para a mocidade que centralizará as informacións sobre ofertas de alugamentos de vivendas.

10.4.5. Sanidad

  • Realizar de campañas periódicas de información sobre sexualidade e anticoncepción, así como de información e prevención das infeccións de transmisión sexual, prestando especial atención á SIDA.

  • Desenvolver un Plano municipal integral de prevención da drogadición, tendo en conta:

    1. Informar sobre as consecuencias da drogadicción.

    2. Establecer políticas de actuación en ámbitos diversos (cultural, laboral, tempo libre, deporte…) que abrangan a todo o concello a fin de producir un novo contexto no que non se favorezan as condicións para o consumo de drogas.

    3. Reivindicar que a Xunta de Galiza constrúa centros de deshabituación, levando adiante planos de rehabilitación social.

    4. Crear un gabinete de apoio psicolóxico á mocidade.

10.4.6. Transporte

  • Mellorar as comunicacións entre as parroquias e o centro da vila, para favorecer a mobilidade da xente moza sen depender dos seus pais.

  • Mellorar as comunicacións entre os concellos do Val Miñor, adecuando liñas e horarios tendo en conta as actividades da mocidade.

  • Promover a creación dunha liña de autobús entre Gondomar, e en xeral, todo o Val Miñor e a Universidade de Vigo.

  • Reclamar o establecemento dunha liña de noitebús que comunique Gondomar co resto do Val Miñor e mesmo con Vigo.

  • Realizar convenios entre o concello, outras institucións e as empresas de transporte para estabelecer descontos progresivos para os mozos e mozas estudantes.

10.4.7. Deportes

  • Fomentar actividades de mantemento físico e de competicións locais e comarcais.

  • Establecer mecanismos que garantan o acceso da mocidade ás instalacións deportivas xestionadas polo concello, así como a creación de actividades deportivas de balde para a mocidade.

  • Promocionar os deportes e xogos autóctonos, de xeito que se impulse a súa recuperación e a celebración de competicións.

  • Asinar convenios de colaboración cos clubs deportivos existentes nos concellos.

10.4.8. Ecoloxismo

  • Potenciar a educación ambiental buscando práticas racionais de consumo, tanto individual como colectivas.

  • Promocionar os medios de transporte pouco agresivos co medio ambiente.

  • Concienciar sobre a utilización de produtos nocivos para o medio ambiente. Crearanse itinerarios de sendeirismo e outras actividades relacionadas coa natureza.

10.4.9. Antimilitarismo

  • Dar a coñecer toda alternativa laboral ao exército profesional, no camiño de avanzar cara unha sociedade desmilitarizada.

  • En colaboración cos centros de ensino, impulsar, desde o Consello Escolar Municipal, todas aquelas actividades relacionadas co fomento da paz e da non violencia.

11.EDUCACIÓN

Consideramos que toda persoa ten dereito a recibir unha educación integral sen ningún tipo de discriminación por razón socioeconómica, relixiosa, de xénero,lingüística…; defendemos o ensino público xa que consideramos que é o único que garantiza este dereito como un servizo público igual para todos e todas, axeitado a época na que vivimos.

En Gondomar contamos con dous Institutos, (IES Auga da Laxe e IES Terra de Turonio), tres centros de Infantil e primaria (CEIP Chano Piñeiro, CEIP Serra-Vincios e CEIP Souto-Donas), un centro de Primaria (CEP Neira Vilas), un colexio rural agrupado de EI, (CRA Antía Cal) e contamos tamén cunha gardaría de 0 a 3 anos. As competencias educativas están en mans da Xunta de Galiza, polo que os concellos unicamente teñen que responsabilizarse do mantemento dos Centros de EI e EP, neste senso, comprometerémonos, xunto coa administración galega e coas comunidades educativas dos centros, a traballar conxuntamente para mellorar o seu funcionamento.

No noso Concello contamos tamén cunha Ludoteca, unha educadora familiar que traballa dentro da Concellaría de Benestar Social e dunha monitora de atención temperá. Todos estes servizos si dependen do concello e contribúen a mellorar os servizos educativos, corrixindo dificultades que se poden presentar nalgunhas familias.

Temos tamén un Conservatorio Municipal que recibe alumnado de todo o Val Miñor.

11.1.Programa

  • Posta en funcionamento do Consello Escolar Municipal. Organismo consultivo que reúne a representantes da comunidade educativa do Concello para coñecer de primeira man as necesidades dos diferentes sectores do ensino .

  • Apoiar as demandas dos colectivos que traballan a prol do ensino (ANPAS, CENTROS, MAREA VERDE DO ENSINO, SINDICATOS…) ante a administración educativa e servir de ponte entre estes e a administración educativa.

  • Estar en contacto cos centros educativos para que estes lle indiquen as necesidades que teñen a nivel de material escolar (libros de lectura, dvds,…) para que a biblioteca do concello poida adquirir dito material e asi non ter que obrigar aos pais a mercalo.

  • Propoñer aos centros a realización de diferentes actividades relacionadas coa saúde, deporte, igualdade, coñecemento do patrimonio…

  • Ampliar as bolsas para os comedores escolares e material escolar para aquelas familias que o precisen.

  • Solicitar á Xunta de Galiza a construción dunha nova gardaría de 0 a 3 anos, e adecuar os horarios dependendo do horario laboral dos pais.

  • Optimizar a cuadrilla de educación cunha planificación anticipada do traballo e atender tamén as urxencias cando se presenten.

  • Recuperar as antigas vivendas dos mestres que non estean a ser utilizadas para darlles un uso social.

  • Traballar para acadar o mancomunamento do Conservatorio Municipal de Música

  • Reactivación do servizo da Ludoteca.

12.DEPORTE

12.1.Introducción

Consideramos que a práctica deportiva en calquera idade é parte fundamental para á saúde das persoas, ten un labor sociliazador e de encontro coa natureza e que dende o Concello tense que por tódalas medidas ao seu alcance para a súa realización. Asemade a realización de actividades deportivas de elite competitivo ben xestionado, é unha fonte económica importante para o desenvolvemento do pequeno comercio.

Por elo propomos as seguintes liñas de acción :

Garantir a posibilidade de acceso á actividade físico-deportiva para todas as persoas que o demandaren, independentemente do sexo, idade,.da parroquia onde habite e coa adecuada supervisión técnica.

  • Promocionar, completar e coordinar o tecido asociativo deportivo.

  • Prestar unha especial atención ao deporte escolar e de base, optimizando as infraestructuras existentes.

  • Considerar o deporte de competición no sentido amplo e non só dos deportes masivos e entendelo como un estímulo e complemento da práctica da actividade físico-deportiva.

  • Realización de acontecementos deportivos que atraian persoas doutras zonas e que propicien o desenvolvemento do pequeno comercio.

É por iso que facemos as seguintes propostas:

  • Aproveitamento e mellora das infraestructuras existentes en todo o concello para poder sacarlles o máximo partido e promoción da realización de todo tipo de actividades deportivas en todo o concello e para tódalas persoas.

  • Potenciación de xornadas de deportes tradicionais (bolos celtas, petanca,etc.).

  • Mediante o Consello Municipal de Deportes ampliar o uso das instalacións dos centros públicos de ensino, pondo ao seu dispor monitores e cun horario que permita o seu goce a tódalas persoas, adecuado a súa xornada laboral. Mellorar na medida que sexa posible ditas instalacións.

  • Realización de convenios coas entidades veciñais a fin de promover desde o concello a realización de diferentes prácticas deportivas que non precisen grandes infraestructuras e mediante persoal cualificado.

  • Gondomar dispón dun entorno privilexiado para a practica do sendeirismo e por elo poremos en marcha saídas polas distintas rotas que arrodean o Concello e colaboraremos coas distintas entidades para a apertura de novas rotas.

  • En colaboración coas comunidades de montes poremos en marcha actividades de lecer e deporte como enduro(bicicleta) , rotas de bicicleta de montaña, escalada, rotas de aventura etc, e sempre respectando o entorno.

  • Realización dunha oferta deportiva plural que posibilite o desenvolvemento de outras prácticas deportivas alternativas, dirixidas ás persoas maiores, aos nenos e nenas, ás persoas que o precisan por cuestións de saúde ou outros motivos.

  • Fomentar as actividades novas que xurdiron nos últimos anos(BMX, skate,etc).

  • Creación e cobertura dun posto de técnico/a deportivo/a.

Serán núcleos vertebradores destas liñas de acción política: a escola, os clubs de base, o deporte federado, o deporte recreativo e os eventos deportivos.

12.2.A escola:

Será o primeiro núcleo básico para achegar os nenos e as nenas á actividade físico-deportiva. Con tal finalidade, propiciaranse no ámbito municipal ou comarcal:

  • Campañas de animación ao deporte nas escolas, tamén sobre os deportes tradicionais.

  • Xornadas de práctica deportiva para tomar contacto cos distintos deportes.

  • Competicións deportivas entre os distintos centros de ensino secundario, no ámbito da Mancomunidade do Val Miñor.

  • Adecuación das instalacións para a práctica dos deportes alternativos.

12.3.Clubs de base

  • Na política de axudas primarase o modelo educativo-deportivo (diversificación deportiva, normalización lingüística, superación da discriminación de sexo, persoas con discapacidade) e o traballo máis que os resultados.

  • Demandarase das administracións supramunicipais o apoio necesario a estes clubs.

  • Facilitarase a utilización das instalacións deportivas municipais e o asesoramento necesario para a formación de monitores/as, persoal directivo, árbitros/as.

  • Potenciaranse asociacións de clubs de base, de ámbito municipal ou comarcal.

  • Potenciaranse as Escolas Deportivas municipais e promoverase a súa coorganización cos clubs ou asociacións deportivas.

12.4.Deporte federado

  • Solicitarase das administracións supramunicipais, en colaboración directa coas respectivas federacións, a adecuada dotación e mantemento das infraestructuras deportivas de propiedade municipal utilizadas polo deporte federado non de elite.

  • Estableceranse convenios de colaboración cos clubs federados orientados á dinamización social e á implicación dos clubs na vida municipal.

  • Cos clubs de elite, no seu caso, asinaranse convenios para a promoción do deporte entre a poboación escolar, por medio de visitas a centros educativos, charlas, xornadas,…, ou de facilitar o acceso ás competicións deportivas.

  • Realización conxunta de eventos deportivos que atraian persoas doutras localidades.

12.5.Deporte recreativo

  • Promoverase o deporte recreativo, como factor de lecer, para mellorar o estado físico, organizando competicións de carácter popular ou xornadas de deporte na rúa.

  • Elaboraranse diversas actividades no medio natural: programas de camiñada, circuítos populares, roteiros, etc.

  • Potenciarase o achegamento dos/as cidadáns/as ás instalacións deportivas e aos eventos deportivos cunha política de prezos axeitada.

  • Impulsaranse campañas de sensibilización sobre os aspectos positivos da práctica do deporte.

  • Potenciaranse os deportes autóctonos e os xogos populares, nomeadamente os bolos celtas.

12.6.Deporte e persoas con discapacidade

  • Atender as necesidades especificas mediante o achegamento a estes colectivos de programas de actividade física e deportiva, entendidos estes como ferramentas para a mellora, en colaboración con outras administracións ou entidades implicadas.

  • Atender as necesidades e demandas, en materia de deporte, de todos e todas as deportistas con discapacidade que precisen da intervención e colaboración da administración para desenvolver a súa vida deportivo competitiva.

  • Promover a súa integración social e laboral a través da actividade física e do deporte.

  • Facilitar o acceso das persoas con discapacidade aos recintos deportivos, a través da adaptación dos mesmos para seu uso por persoas con discapacidade.

12.7.Deporte para as persoas maiores

  • Atender as necesidades concretas mediante o achegamento a estes colectivos de programas de actividade física e deportiva, entendidos estes como ferramentas para a mellora, en colaboración con outras administracións ou entidades implicadas.

  • Achegar a actividade físico deportiva, como servicio publico de benestar ás persoas maiores.

  • Promover programas de deporte específicos para maiores con instalacións de parques biosaudables nas parroquias, pondo ao seu dispor os monitores necesarios.

12.8.Deporte tradicional

  • Promocionar o deporte tradicional a nivel local e comarcal, a través da creación de ligas locais e da potenciación do deporte tradicional.

  • Achegar estas modalidades deportivas as persoas , con especial atención as persoas máis novas , en tanto que é unha expresión da nosa cultura deportiva.

  • Promover a nivel local e comarcal a infraestructura acaída para a práctica das modalidades deportivas tradicionais.

12.9.Infraestructuras deportivas

  • Habilitar e facer accesíbeis espazos naturais, rurais e urbanos, respectuosos co medio ambiente, para a práctica de actividades integradas no medio.

  • Impulsarase a optimización das infraestructuras dos centros educativos para a súa utilización fora do horario lectivo, en colaboración coa administración educativa e co tecido asociativo deportivo, desenvolvendo o convenio asinado coa FEGAMP.

12.10.Eventos deportivos

  • De se dar o caso, ofertaranse aqueles eventos relacionados cos deportes autóctonos, cos de maior tradición na comarca ou concello ou cos de importancia significativa polo número de practicantes.

  • Promoveranse políticas de intercambio deportivo cos concellos do Norte de Portugal, por medio de convenios de colaboración.

  • Realización de eventos deportivos, facendo de Gondomar punto de encontro ( Rallie Rías Baixas, Rallie de coches antigos, acontecementos caninos, rotas a cabalo, etc).

12.11.Participación social no deporte

  • Dende o concello avaliarase a oportunidade de constituír fundacións ou padroados en colaboración coa empresa privada co fin de obter recursos para financiar o deporte en xeral.

13.MOBILIDADE

13.1.Introducción

Dende Manifesto Miñor defendemos e apostarémos por un sistema de transporte urbano sustentable, como dereito de todo cidadán.

Enténdese por políticas de mobilidade ou transporte sustentable a aquelas actuacións das administracións para facilitar o acceso dos cidadáns ao traballo, ao estudo, aos servizos e ao lecer mediante diversos modos de transporte: a pé, en bicicleta, en vehículos ecolóxicos e en transporte público.

A equidade (acceso universal sen discriminacións), a redución da conxestión e o respecto ao medio ambiente xeneralizaron políticas denominadas de “mobilidade sustentable” que intentan conxugar a máxima liberdade de acceso coa estabilización ou redución do consumo de combustibles fósiles (para evitar o quecemento global) ou electricidade nuclear (para evitar o dano ao medio ambiente provocado pola xeración de electricidade por enerxía nuclear) para vehículos eléctricos ou híbridos.

13.2.Mobilidade sustentable:

Mobilidade sostible é un concepto nado da preocupación polos problemas medioambientais e sociais ocasionados pola xeneralización, durante a segunda metade do século XX, dun modelo de transporte urbano baseado no coche particular. Os inconvenientes deste modelo, entre os que destacan a contaminación do aire, o consumo excesivo de enerxía, os efectos sobre a saúde da poboación ou a saturación das vías de circulación, provocaron unha vontade colectiva por atopar alternativas que axuden a paliar os efectos negativos deste modelo e a idear un novo modelo de cidade sostenible.

Enténdese por actuacións de movilidade sostible aquelas que axudan a reducir devanditos efectos negativos de gases de efectos invernadeiro, xa sexan prácticas de movilidad responsable por parte de persoas sensibilizadas con estes problemas (desprazarse a pé, en bicicleta ou en transporte público en lugar de en coche sempre que sexa posible, compartir un coche entre varios compañeiros para acudir ao traballo, etc.), desenvolvemento de tecnoloxías que amplíen as opcións de movilidad sostenible por parte de empresas ou decisións das administracións ou outros axentes sociais para sensibilizar á poboación ou promover ditas prácticas. A miúdo o concepto de movilidad sostenible vincúlase ás novas tecnoloxías desenvolver os vehículos eléctricos a batería, os híbridos (Fonda Insight, Toyota Prius) ou os vehículos eléctricos impulsados con pila de combustible de hidróxeno (Fonda FCX Clarity) entre outros.

As políticas de movilidade sostible levadas a cabo polas administracións públicas céntranse en reducir a conxestión das vías ao mesmo tempo que se reduce o consumo de combustibles fósiles contaminantes, polo que a miúdo impulsan o uso de vehículos de propulsión alternativa a través de axudas á compra, que xestionan as comunidades autónomas.

13.3.Transporte rural:

O transporte rural inclúe as dificultades experimentadas á hora de prover un transporte adecuado que enlace as diferentes comunidades rurais, pobos, caserías, etc.

A baixa densidade de poboación no campo, fai difícil un transporte público viable como é entendido en áreas metropolitanas malia que a poboación rural adoita ter unha necesidade superior de uso do transporte que os usuarios urbanos.
Os altos niveis de utilización e propiedade de vehículos privados poden diminuír o problema, pero grupos de persoas concretos como anciáns, novos ou persoas sen recursos sempre requiren transporte público.

O incremento do uso do transporte privado ademais, fai menos viable a existencia de transporte público rural, posto que a demanda deste servizo diminúe, isto á súa vez fomenta a posesión de vehículos privados, creando un círculo vicioso.

Cando os órganos de decisión dos poderes públicos, asentados case sempre en zonas urbanas, falan do fomento do transporte público adoitan facer referencia ao enlace dos pobos coa cidade, o que non só non articula o medio rural no seu conxunto, senón que en multitude de casos fai desaparecer servizos en municipios rurais.

13.4.Ditame do CES sobre ou anteproxecto dá lei de accesiblidade:

Ou presente anteproxecto ten por obxecto garantir ás persoas con discapacidade a igualdade de oportunidades con respecto a accesibilidade universal e ou deseño para todos respecto dous contornos, vos procesos, bens, proxectos e servizos, así como en relación vos obxetos ou instrumentos, ferramentas e dispositivos, de xeito que vos mesmos se fagan comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas, en igualdade de condicións de seguridade, comodidade e do xeito máis autónomo e natural posible.

Neste senso, ou anteproxecto debería de establecer un prazo para actuación tales como:

  • A aprobación por parte dos concellos, dás normativas que garantan e favorezan a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida con respecto as tarxetas de persoas usuarias do transporte público.

  • A regularización dás condicións básicas de accesibilidade e non discriminación e utilización dous modos de transporte para as persoas con discapacidade ao igual que ou plan de implantación progresiva de adaptación dás infraestruturas e do material móbil existente.

13.5.Problematicas de mobilidade no Val Miñor:

Non hai conexións en transporte público urbano entre as tres vilas e cada vez se eliminan máis frecuencias e itinerarios.

Pouca concienciación para compartir coche e aforrar custos.

Falta de tramos de carril bici para poder desprazarse en bicicleta dende Gondomar ata Nigrán ou polo mesmo termo municipal de Nigrán e Gondomar.

Falta de medidas de seguridade nas estradas para as persoas con mobilidade reducida, para os peós e as persoas que escollan a bicicleta como medio de transporte polas vilas do Val Miñor.

Nula concienciación cidadá sobre as problematicas das persoas usuarias das bicicletas.
Falta de bicicletas en aluguer.
Escasa ou nula presenza de prazas de aparcadoiro para ás bicicletas.

Graves problemas para as persoas con mobilidade reducida para acceder ao transporte urbano.

Graves carencias para as persoas con mobilidade reducida para poder desprazarse polo Val Miñor ao carecer de beirarrúas con suficiente anchura e os múltiples obstáculos que se atopan nas mesmas e a falta das pertinentes rampas para desprazarse en tramos longos.

13.6.As nosas propostas

Ademáis de mobilidade sostible, dende MM imos defender que todas ás actuacións derivadas no transporte e nas vías que se utilicen para tal fín, a máxima sexa á seguridade, partindo da base de que dita seguridade debe prótexer ós máis débiles. É de sentido común, que son ás persóas que utilizan medios de transporte ou se desprazan polos centros urbás ou polas estradas de comunicación, ás máis vulnerables e polo tanto son ás que se deben protexer. Por orde de prioridades, a xente que se despraza en vehiculos adaptados como cadeiras de rodas, os nenos que van nas sillas, os peóns, as que se desprazan en bicicletas e as que usan o autobús, son ás máis debiles frente ás que van nos vehículos, xa que éstes dispoñen de medidas de seguridade para evitar lesións. Toda actuacíon de seguridade que se faga nás vías, deben ir acompañadas de medidas de seguridade para éstas persóas, así como beirarúas con ancho suficiente e proteccións sobre as estradas, pasos de peóns elevados e o mesmo nivel dás beirarrúas, paradas acosdes cos tempos e seguras para poder acceder o autobús, carrís bici con ancho suficente e separación dos vehículos a motor e unha progresiva adaptación dás vías urbás a límite de 30Km/h.

13.7.Transporte, mobilidade e seguridade:

  • Liberar para o uso cidadán parte do espazo público destinado ao tráfico.

  • Completar unha rede de sendas peonís conectando as parroquias dos concellos aproveitando vellos camiños e que sexan compatibles coa bicicleta.

  • Proposta dunha rede que integre á bicicleta nas vilas, para poder desprazarse en bicicleta dende Gondomar ata Nigrán ou polo mesmo termo municipal de Nigrán ou Gondomar, e contiuando ata Panxón o carril bici que vai dende Baiona ata a Foz e enlazando con Gondomar pola senda do río Miñor, adaptando o espazo público polo que circula en función das características propias de cada tipo de vía e garantindo a continuidade e conexión entre os tramos que configuran a rede.

  • Incremento de liñas e negociación de tarifas para transporte entre Concellos do Val Miñor.

  • Estudio de liñas de transporte público por todas as parroquias.

  • Tránsporte público de calidade a Vigo, Universidade, Hospital, etc.

  • Plan de transporte metropolitano de Vigo acorde coas necesidades de cada concello e racionalización das condicións das concesións.

  • Plans de educación viaria nas escolas.

  • Liberar a Autoestrada do Val Miñor para que sexa unha auténtica vía de comunicación interna e para ter unha conexión alternativa con Vigo ante o colapso das diferentes estradas de entrada a Vigo dende o Val Miñor. Esta liberización ademáis desconxestionaría de transporte pesado e vehiculos privados no centro das vilas, sendo ademáis máis seguro e menos contaminante, xa que reduciría o consumo e a emisión de gases nocivos, tanto para ás persóas como para o planeta.

13.8.Para o sistema de transporte sostible propoñemos:

  • Construír novas infraestruturas de aparcamentos lanzadeira sitos nos arredores da vila.

  • Reducción a 30 km/h. Dentro do centro urbán das vilas.

  • Canalizar o tráfico dos vehículos privados fora do centro urbán.

  • Reestruturar e potenciar o servizo de autobuses urbanos.

  • Fomentar o uso do transporte público urbano e da bicicleta.

  • Ampliar as zonas peonís.

  • Plan de implantación progresiva de adaptación dás infraestruturas e do material móbil existente para ás persoas con mobilidade reducida.

  • Completar unha rede segura e funcional de carrís bici con estacionamentos para as bicicletas, próximos e seguros..

  • Implantar o servizo de préstamos de bicicletas.

13.9.Proposta dunha rede que integre á bicicleta nas vilas

A proposta é unha rede que integre á bicicleta nas vilas, adaptando o espazo público polo que circula en función das características propias de cada tipo de vía e garantindo a continuidade e conexión entre os tramos que configuran a rede.

A rede debe ser accesible desde todos os puntos do municipio, situándose a unha distancia non superior aos 250 m desde calquera punto, distancia equivalente aproximadamente a un minuto en bicicleta ata a rede.

13.10.Continuidade e conexión entre os tramos

Os tramos que forman a rede deben estar ben conectados entre si e sinalados axeitadamente en todo o seu percorrido, con especial atención ás intersecciones, co obxectivo de posibilitar a circulación continua das bicicletas. Débense evitar os puntos de discontinuidade onde a rede queda interrompida ou onde o espazo de circulación do usuario da bicicleta non quede claramente definido.

13.11.Acceso aos equipamentos urbáns e aos puntos de xeración de actividade

É imprescindible que a rede permita o acceso en bicicleta aos equipamentos educativos, culturais, deportivos, sanitarios, sociais da cidade, así como ao resto de puntos de xeración de actividade e servizos como mercado e eixes comerciais, parques, zonas verdes, centros de lecer. Ademais de ser accesibles desde a rede, estes puntos han de estar dotados de espazos e instalacións axeitados para o estacionamento das bicicletas, próximos e seguros.

13.12.Conexión coas paradas de transporte urbano

Co obxectivo de favorecer a combinación da bicicleta con outros modos de transporte, a rede ha de garantir o acceso en bicicleta ás paradas de autobús, e prever espazos de estacionamento de bicicletas seguros próximos a estes.

13.13.Integración con outros modos de transporte

A rede para bicicletas deberá integrarse nos tramos urbanos co resto de modos de transporte existentes en función das características morfolóxicas de cada vía, do tipo de uso e do tráfico que circula.

13.14.Axeitada desde o punto de vista das pendentes

Na definición do trazado da rede evitaranse os tramos con pendentes excesivas que dificulten a circulación de bicicletas e superen as pendentes máximas recomendadas para un usuario medio, estes tramos sinalizaranse axeitadamente e ofreceranse itinerarios alternativos que permitan evitalos.

Proponse unha rede para bicicletas máis acorde coas necesidades de desprazamento dos cidadáns, integrada co resto de modos de transporte e que ofreza posibilidades reais de desprazamento en bicicleta para os desprazamentos cotiáns, máis aló do seu uso meramente deportivo e de lecer.

13.15.A bicicleta nos novos desenvolvementos urbanos

A bicicleta terá un papel fundamental para a mobilidade xerada nos futuros desenvolvementos urbanos na mancomunidade do Val Miñor. As distancias de desprazamento entre os novos sectores urbanos e o resto da cidade poderían conducir ao aumento do uso do vehículo privado para as viaxes xeradas nestas zonas, o que empeoraría os problemas de conxestión do tráfico da cidade. Con todo, estas distancias representan as lonxitudes óptimas para o desprazamento en bicicleta. É fundamental que os novos desenvolvementos urbanos dispoñan dunha boa infraestructura para a circulación de bicicletas, planificada e pensada para favorecer o uso desta alternativa de transporte de xeito habitual, tanto para os desprazamentos internos a escala de barrio como para desprazarse entre estes sectores e o resto da cidade.

13.16.Propostas do servizo de préstamo

Para favorecer o uso da bicicleta de préstamo como unha verdadeira alternativa de transporte na comarca, proponse implantar puntos de préstamo, co obxectivo de situalos a distancias non superiores aos 5 minutos desde calquera punto.

A esta distancia, a bicicleta convértese nunha verdadeira alternativa de transporte fronte ao resto de modos: para distancias inferiores, os traxectos adoitan realizarse a pé, pero é a partir deste rango cando o uso da bicicleta presenta vantaxes considerables como medio de transporte.

13.17.Obxectivos:

Converter a bicicleta no medio de transporte sostible máis rápido.
Desenvolver unha rede segregada, continua e segura.
Evitar fricións co peón, restrinxindo e regulando o seu uso aos espazos reservados para iso.

13.18.Aspectos fundamentais:

Garántese o éxito a través dos seguintes aspectos:

  • Realizar a rede dunha soa vez.

  • Crear unha organización específica no Concello (a Oficina da Bicicleta) que se encargue de todos os aspectos deste medio de transporte: educación, comunicación, proxecto, execución de carrís, aluguer, mantemento, etc.

Actuacións complementarias:

  • Redacción do Plan director da mobilidade ciclista

  • Creación da Oficina da Bicicleta

  • Ordenanza da Bicicleta

  • Plan de comunicación para a súa promoción

13.19.Condicionantes:

Eliminación de aparcamento en superficie onde o balance oferta-demanda o permite.
Coexistencia bicicleta – vehículo motorizado no centro, onde non é posible suprimir prazas de aparcamento.

A introdución da rede implica en ocasións a substitución dun certo número de prazas de aparcamento en calzada para destinalos aos espazos de circulación das bicicletas.

14.COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO: PROMOCIÓN E DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS.

Asumimos tódalas propostas da Coordinadora Galega de ONGs para o desenvolvemento.

15.ENTIDADE LOCAL MENOR DE MORGADÁNS

Morgadáns non pode perder outros catro anos máis mentres as demais parroquias do concello progresan en calidade de vida, etc, É preciso que ao fronte do goberno da Entidade estean persoas capaces e honestas, defendendo un proxecto político transformador e que sexan quen de ilusionar aos veciños e veciñas, dende Manifesto Miñor propoñemos:

  • Transparencia no funcionamento económico con publicidade absoluta do orzamento,en todo caso,unha auditoria interna das contas na Entidade.

  • Abrir as portas da Entidade Local Menor á participación veciñal, dándolle o protagonismo que lle corresponde aos veciños e veciñas da parroquia, coa elaboración dun regulamento de primeira. Unha auditoria interna das contas da Entidade.

  • Facer da Entidade Local Menor unha administración moderna e ao servizo da cidadanía, con persoal para atendela, e cun horario normal coma en calquera administración pública.

  • Xestion democrática e transparente dos montes da parroquia.

  • Proxectar a senda fluvial para unir Gondomar-Morgadans parte alta.

  • Facer o inventario patrimonial da ELMM na parroquia.

16.MANCOMUNIDADE DO VAL MIÑOR

DOCE MEDIDAS PARA CAMBIAR O VAL MIÑOR

O Val Miñor é una comarca natural como hai poucas en Galiza onde o sentimento de pertenza á mesma é unha realidade. As relacións seculares entre os seus habitantes crearon vínculos de todo tipo, e tamén necesidades, que nunca foron atendidas convenientemente e no seu conxunto polos gobernos municipais, mentres en moitos casos a sociedade civil si que ía por diante das institucións políticas..

  1. Facer (traballar para conseguilo) da Autoestrada una vía de comunicación interna aos serizo da Comarca e totalmente gratuita.

  2. Completar unha rede de paseos ou sendeiros peonís e para bicis que comuniquen os tres concellos da Comarca, respectuosos co medio ambiente e prácticos.

  3. Facer efectiva e promover a existencia de servizos mancomunados como: un conservatorio de música, un parque de maquinaria, o complexo de ocio ligado á piscina da Ramallosa, recollida dos RSU, polícias locais, consolidación e ampliación dos efectivos do GES, etc.

  4. Mancomunar as compras de todo tipo de materiais para aforrar.

  5. Plan turístico mancomunado do Val Miñor como conxunto.

  6. Plan conxunto para poñer en valor e protexer aqueles espazos e elementos patrimoniais senlleiros da Comarca: Foz do Miñor, Serras do Galiñeiro e da Groba, Monteferro, Río Miñor, Petroglifos, Mámoas, Castros, etc (facer un catálogo)

  7. Promover un sistema de transporte colectivo que conecte a Comarca entre si e sobre todo con Vigo, a Universidade e o novo Hospital de Valadares

  8. Apoiar e promover aos movementos sociais miñoráns, creando un regulamento de participación que lle dea o protagonismo e voz nos organismos mancomunados.

  9. Creación dun banco de vivendas baleiras para poñelas en alugueiros sociais para xente moza ou persoas agredidas pola crise.

  10. Creación dunha radio mancomunada, como servizo público, onde a veciñanza poida participar libremente e que serva coma ferramenta básica para divulgar, promover e defender a cultura e lingua galega.

  11. Habilitar unha casa de acollida para mulleres maltratadas, e un punto de encontro familiar que facilite a recollida dos fill@s de pais e nais separados que o precisen.

  12. Habilitar como residencia da terceira idade a residencia de tempo libre de Patos-Paxon.

Maio 10, 2015

Etiquetas: ,