O Pleno de Gondomar aproba por maioría derrogar a reforma laboral

No Pleno da Corporación Municipal de Gondomar do pasado xoves 14 de xuño, Manifesto Miñor presentou varias mocións para mellorar a situación das veciñas e veciños, pero tamén a doutras concidadás e concidadáns.

  1. Moción contra o peche do centro de saúde de Gondomar e suspensión de consultas polas tardes durante o verán. Aprobada por unanimidade.
  2. Moción para solicitar o acceso libre da veciñanza de Gondomar ao aparcamento do Hospital Álvaro Cunqueiro. Aprobada por maioría, coa abstención do Partido Popular.
  3. Moción para solicitar a derrogación das reformas laborais. Aprobada por maioría, coa abstención do Partido Popular. Deste xeito, Gondomar convertese nun concello pioneiro na loita contra unhas reformas laborais que veñen limitando eu eliminando os dereitos da clase obreira. O novo goberno do Estado español debe decidir se quere ser cómplice da precarización do mercado laboral ou, pola contra, vai traballar para mellorar a calidade dos traballos, unha labora que somentes pasa pola derrogación das reformas laborais do Partido Popular.

Xuño 22, 2018

Etiquetas: , ,