Gondomar contra o eucalipto

Contra o eucalito

O vindeiro sábado, día 7 de abril, a Concellería de Medio Ambiente de Gondomar, dirixida polo noso compañeiro Antonio Araújo, desenvolverá unha saída do grupo de voluntariado medioambiental polos montes de Couso coa finalidade de arrincar os brotes de eucalipto e evitar a súa reproducción.

A saída comezará ás 10:00 horas diante do Centro Neural!

A saída comezará ás 10:00 horas diante do Centro Neural dende onde xs voluntarixs se desprazarán ao lugar onde terá lugar esta iniciativa. As persoas intersadas en participar aínda están a tempo de facerse voluntarias cubrindo a folla de inscrición que adxuntamos.

Esta iniciativa forma parte dunha estratexia ampla de conservación dos montes comunais de Gondomar concivida no seo da Concellería de Medio Ambiente, cuxo primeiro paso consiste en crear conciencia sobre a necesidade de eliminar o eucalipto dos nosos montes e por en contacto a mentalidade urbana coa realidade rural e forestal do país. O eucalipto é unha especie invasora altamente pirófita, que provoca unha rápida expansión dos lumes o que resulta moi prexudicial nos montes galegos.

 

Gondomar declara la guerra al eucalipto (Faro de Vigo)

 

 

Abril 5, 2018

Etiquetas: ,