Curso de soldadura no Concello de Gondomar

Curso de 110 horas lectivas, para capacitación en soldadura semiautomática

A Concellería de Emprego, consciente de que a capacitación laboral da nosa mocidade é un elemento fundamental para logar a súa inserción laboral e sabedora de que, segundo a patronal da metalurxia, ASIME (Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia), o metal galego só cubre un terzo das súas vacantes en emprego, e dos cálculos da confederación na que precisa cubrir antes de final de ano 1400 postos de traballo no sector, vén de convocar  no Concello de Gondomar, un curso de 110 horas lectivas, en modalidade presencial, para capacitación en soldadura semiautomática “ Mig-Mag (Metal Inert Gas ou Metal Active Gas)”, a máis productiva, para 15 persoas.

No caso de que a demanda supere esta cifra convocarase de inmediato un novo curso. Queda reservada unha praza para persoas con discapacidade igual ou superior o 33% compatible coa profesión, para elo os candidatos deberán presentar, ademáis da documentación xeral da inscrición, o recoñecemento oficial da discapacidade e informe médico da compatibilidade da mesma coa profesión de soldador.

O requisitos imprescindibles para participar no proceso de selección do alumnado serán moi básicos:

  • Atoparse empadroado/a en Gondomar
  • Atoparse inscrito/a na oficina de Emprego do Servizo Público de Emprego
  • Posuir como titulación mínima o graduado escolar ou equivalente
  • Presentar en tempo e forma a solicitude de participación e a totalidade da documentación requerida.

A comisión de valoración terá en conta:

  • O Tempo en desemprego: beneficiaranse ás persoas que leven máis de 6 meses desempregadas, para elo terase en conta a data que figure na súa tarxeta de demanda de emprego do SEPE.
  • A Experiencia laboral: se trata de facilitar a entrada no mercado laboral dos veciños/as con menos experiencia laboral de xeito que o curso poida ser unha vía de acceso a esas persoas con escasa ou nula experiencia, para esto terase en conta a vida laboral actualizada que se aporte.
  • O Xénero: para facilitar a incorporación das mulleres a este sector.

Datas

No Calendario previsto contemplanse as Datas de inscripción: do 8 ao 15 de outubro (ámbolos dous días inclusive). A publicación da listase de puntuación de admitidos e excluidos: 17 outubro. Tanscurrido un día para as alegacións, publicarase a listaxe definitiva o día 19, para poder comerzar o curso, de inmediato, no día 23 do mesmo mes.

Lugar desenvolvemento do curso

O custe do curso aproximase aos 900 euros por persoa. O curso desenvolverase nas instalacións da empresa Formasolga, Avda. de Castrelos, 482-Valadares(Vigo).

Está todo preparado para comenzar o curso, en canto o sr. Alcalde asine as bases dará comezo o mesmo

Gondomar, 05 de outubro de 2018

O concelleiro de Emprego e Dinamización económica

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

Outubro 5, 2018