Continuar coa tramitación do PXOM de Gondomar É POSIBLE!

Vista Concello Gondomar

[Nota informativa do concelleiro de Urbanismo de Gondomar, o compañeiro Antonio Araújo, respecto do PXOM]

Vin con grande preocupación a paralización dos trámites do PXOM motivada pola negativa do Sr. Alcalde

Na miña condición de concelleiro responsable da área de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Gondomar sempre a vin con grande preocupación a paralización dos trámites do PXOM motivada pola negativa do Sr. Alcalde a non levantar o reparo da cesión do contrato da empresa EPTISA a Alfonso Botana S.L. Esta situación podía supoñer a parálise da ordenación territorial do noso Concello, como mínimo, outros 10 ou 15 anos, coas negativas consecuencias derivadas da mesma: aumento da complicación urbanística de difícil control por falta de medios, a frustración de ducias de expectativas e proxectos de vida de moitas familias e persoas, a perda de ingresos para o Concello en IBI, posibles licenzas, etc. e a máis que probábel perda da subvención (224 000€) da Xunta de Galicia para a redacción do devandito PXOM.

Esta situación podía supoñer a parálise da ordenación territorial do noso Concello, como mínimo, outros 10 ou 15 anos

Por todos este motivos, sempre entendín que a miña obriga como representante público era agotar todas as posibilidades para sacar adiante o PXOM de Gondomar no canto de me conformar con esa situación e, xa non digamos, de me alegrar con semellante fracaso. Xa que logo, sempre propuxen a defensa dos intereses da veciñanza, que neste caso pasaba por asinar eu mesmo a devandita cesión se o Alcalde non quería ou non o vía claro. Lástima que o absurdo xogo do postureo político dalgúns, nos fixera perder 8 meses imprescidibles! O exemplo de Nigrán, e da valentía política do seu alcalde, era perfectamente válido para nós por ser un caso semellante.

o absurdo xogo do postureo político dalgúns, nos fixera perder 8 meses imprescidibles! O exemplo de Nigrán, e da valentía política do seu alcalde

Diante desta disparidade de criterios e precisamente pola preocupación de ver paralizado un traballo de tantos meses e tan demandado polas veciñas e veciños de Gondomar, foi a que me levou a revisar un cento de veces a documentación que obra no expte. do PXOM antes de tirar a toalla, así como contrastar todos e cada un dos pasos dádos ata agora co obxecto de comprobar se había unha mínima posiblidade que fixera posible seguir coa tramitamitación sen necesidade de ter que levantar os reparos dos técnicos municipais.

manter a vixencia legal do mesmo para poder facer a cesión sen trabas

Xa que logo, trataríase de comprobar o incumprimento dos prazos por parte do Concello o que permitiría entender a existencia dunha suspensión tácita do contrato para a redacción do PXOM coa empresa EPTISA, e, en consecuencia, manter a vixencia legal do mesmo para poder facer a cesión sen trabas. Isto é así xa que as diferentes fases de execución na redacción do PXOM van enlazándose unhas coas outras segundo vaian rematando as anteriores.

o DOCUMENTO DE REFERENCIA emitido pola Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, e cuxa entrada no Concello de Gondomar ten data no rexistro de 10/08/2010

Este traballo de investigación levoume a comprobar/demostrar que unha peza clave nesta secuencia, como é o DOCUMENTO DE REFERENCIA emitido pola Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, e cuxa entrada no Concello de Gondomar ten data no rexistro de 10/08/2010, non lle fose reenviado á empresa EPTISA quedando a partires dese momento interrumpido o procedemento normalizado de redacción do Plan. Algo semellante tamén pasou coa petición de Augas de Galicia e un informe sobre os ríos e as canles de auga existentes no noso concello.

Teño que lle agradecer públicamente aos técnicos municipais a súa receptividade

Estas conclusión foron postas a semana pasada en coñecemento dos técnicos municipais co rogo de que fagan unha nova lectura do expediente, para, se fora o caso, revisar os seus informes. Teño que lle agradecer públicamente aos mesmos a súa receptividade e confío en que se as miñas pesquisas sexan asumidas por eles e poidamos ter en breve a posibilidade de continuar coa tramitación do PXOM de Gondomar.

Con todo, quero insisitir en que se isto non fora posible, a miña disposición a levantar os reparos dos técnicos neste caso, segue en pé, pois a ordenación territorial de Gondomar non pode sufrir máis atrasos. Iso é defender o intesese xeral igual que fai o goberno municipal de Nigrán!.

En Gondomar, a 24 de Abril de 2018.
Asd.: Antonio Araújo Quintas.
Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente.

Abril 26, 2018