A NOVA LEI DO SOLO DE GALICIA E O PXOM DE GONDOMAR

Manifesto MiñorAo fío das declaracións feitas públicas polo PP de Gondomar sobre as consecuencias que a entrada en vigor da nova LOUGA vai ter na tramitación do novo PXOM, dende a Área de Urbanismo do Goberno Municipal, cómpre decir o seguinte:

O PP, prefire crear alarma na veciñanza a facer propostas en positivo

Lamentamos que o PP, unha vez máis, prefira crear alarma na veciñanza e facer do urbanismo de Gondomar un uso partidista e arma de desgaste político do adversario a facer propostas en positivo sobre o modelo urbanístico e de futuro para o noso Concello.

Os cartos cos que se redactando ata hoxe o PXOM, son os da subvención conseguida no ano 2008

No referido aos custes a maiores que a tramitación do PXOM, segundo as disposicións que a nova LOUGA nos obriga a cumprir, temos que dicir que non hai nada decidido e que, en todo caso, é un tema que haberá que discutir coa empresa redactora do PXOM. Por certo, o PP debería dicir que os cartos cos que se redactando ata hoxe o PXOM, son os da subvención conseguida no ano 2008 por quen isto asina cando era alcalde de Gondomar.

O PP tivo maioría absoluta e gobernou en Gondmar nós últimos SEIS ANOS, tempos abondo para ter aprobado inicialmente un novo PXOM. Porque non o fixeron? Eles saberán.

Máis reunións en seis meses que en seis anos

Acusar a este concelleiro de ocultar información cando en seis meses houbo máis xuntanzas, explicacións públicas, unha comparecencia en pleno, etc., dando todo tipo de información á veciñánza, aos colectivos veciñais e aos partidos da Corporación (máis reunións en seis meses que en seis anos), iso si que é enganar á xente por parte do PP.

Por último, quero reiterarlle ao PP que deixe de facer política a conta do novo PXOM e que se integren no traballo construtivo e de facer achegas en positivo ao urbanismo de Gondomar. Iso é o que imos facer dende o goberno: abrir o debate público sobre un modelo de ordenación territorial de consenso e, sobre todo, de futuro, que garanta a participación e que remate de vez coa inseguirdade xurídica que houbo ata agora no noso Concello.

En Gondomar, a 12 d Abril de 2016.
Asdo.: Antonio Araújo Quintas.
Tte. De Alcalde e Concelleiro de Urbanismo de Gondomar.

Abril 12, 2016

Etiquetas: ,