A APLU segue ameazando a veciñanza de Vilas (Morgadáns) con sancións ante a pasividade do goberno municipal de Gondomar

A APLU “ATACA DE NOVO” CO ENVIO DE CARTAS AOS VECIÑOS E VECIÑAS AFECTADAS DE VILAS-MORGADÁNS, MENTRES O GOBERNO MUNICIPAL PASA DE TODO.

 

No pasado mandato municipal, baixo a responsabilidade política de quen isto subscribe, e co obxectivo de paliar e/ou axudar a resolver determinadas situacións urbanísticas derivadas da falta de normativa que amparase legalmente a construcción de  novas vivendas;  permitir a ampliación ou reforma das existentes, ou a legalización daqueloutras que incluso quedaran atrapadas cando a anulación do PXOM de 1997, etc, é a vista da problemática existente derivada do acoso selectivo que  APLU iniciou en Gondomar contra dúcias de vivendas, moitas delas en fase de legalización cando a anulación do PXOM, e todas elas ubicadas en núcleos rurais tradicionais perfectamente definidos, incluso na maioría dos casos con todos os servizos públicos existentes (auga pública, electricidade, saneamento, acceso rodado, teléfono..). Pois ben, con esa idea procedérase naquela altura á delimitación dunha serie de núcleos dos cales dous están aprobados e en vigor (Prado e Campo Grande), quedando o resto pendentes dos informes da Xunta para a súa aprobación.

 

Efectivamente os informes da Xunta chegaron ao Concello en Xullo de 2019 solicitando máis documentanción para completar os expedientes dos devanditos núcleos. Documentación relacionada en xeral, solicitando aclaracións sobre asuntos relacionados co Patrimonio Histórico ou de elementos de interese parimonial.

 

A día de hoxe nada se fixo por parte do Concello dende xullode 2019, nin un só papel se enviou á Xunta de Galicia sabendo como sabe o actual goberno municipal que estamos diante de posibles derrubamentos de vivendas, de fortes sancións económicas e mesmo de penas de cércere. O goberno de Paco Ferreira segue instalado na política da foto e da propaganda no canto de actuar en algo prioritario e básico para as persoas como é o dereito a ter unha vivenda digna. Todo isto veuse agravado estes días coas notificacións ameazantes da APLU que están recibindo os propietarios das vivendas expedientadas malia estar informada formalmente de que son perfectamente legalizables coas delimitacións en marcha, e que non se trata, nin moito menos, de aberracións urbanísticas.

 

Dende Manifesto Miñor-En Marea esixímoslle ao Sr. Acalde que asuma  a súa  responsabilidade e acabe  con tanta desidia neste asunto, que pra iso ten un goberno con maoiría absoluta, con 7 dedicacións de 9,  e porriba contando neste momento cun Departamento de Urbanismo dotado abondo con dous arquitectos e un arquitecto técnico. Asemade, debe poñerse en contato inmediatro cos responsables da APLU, como fixemos outros no seu día, para paralizar este disparate.

 

Por último, queremos lembrarlle á APLU, como organismo público encargado de velar pola legalidade urbanísitca, dúas cousas: A primeira, que antes de proceder á apertura de expedientes contra as vivendas das persoas, lea a Constitución e o articulado que fala do dereito a unha vivenda digna. CERO euros en envestimento para vivenda pública por parte da Xunta de Galicia. E en segundo lugar que actue coa mesma firmeza contra os grandes infractores que esquivan as leis a base bos avogados en preitos e recursos sen fin até que a Lei lle sexa favorable.

 

En Gondomar, a 17 de xaneitro de 2020.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Portavoz de MM-EM.

 

No seguinte enderezo electrónico, pódese consultar os núcleos rurais en proceso de delimitación: https://concellodegondomar.gal/es/nucleos-rurais-en-fase-de-delimitacion-2. Todos eles foron iniciados no mandato anterior e o goberno municipal actual non fixo nada ao respecto. Entre eles, está o núcleo rural de A Carballa.

Xaneiro 22, 2020

Etiquetas: , ,